sábado. 28.03.2020 |
El tiempo
sábado. 28.03.2020
El tiempo

Poucas nubes e temperaturas máximas en ascenso para iniciar a fin de semana

METEOGALICIA
METEOGALICIA

Galicia segue avanzando no adianto da primavera que lle ofrece o tempo, nun sábado con ceos pouco nubrados ou despexados que pode arrincar con algúns bancos de néboa no interior.

As previsións de Meteogalicia apuntan a que o vento soprará frouxo e a que as temperaturas mínimas descenderán algo, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Así as cousas, alcanzarán os 23 graos en Ourense, os 20 en Pontevedra e Vigo e os 19 en Lugo e en Santiago. A capital lucense terá a mínima máis baixa do mapa urbano da comunidade, con un grao.

Poucas nubes e temperaturas máximas en ascenso para iniciar a fin...