A primavera despídese de Galicia con tempo inestable

Mapas de previsiones de Meteogalicia. EP
photo_camera Mapas de previsións de Meteogalicia. EP

Ás portas do verán, a tempada estival segue sen notarse no ceo de Galicia. As previsións de Meteogalicia para o último xoves da primavera anuncian unha situación entre as altas e as baixas presións coa que haberá case un pouco de todo.

Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con máis nubes pola mañá no litoral norte da comunidade, onde se poderán rexistrar algúns orballos, e probabilidade de chuvascos pola tarde na metade leste.

En canto aos termómetros, nunha xornada de ventos frouxos de compoñente oeste, as temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos.