Profesoras de Casaquistán interésanse polo San Simón

Las dos responsables de la universidad de Almaty realizan una visita guiada por Prestes (Foto: EPL / C. ARIAS)
photo_camera Las dos responsables de la universidad de Almaty realizan una visita guiada por Prestes (Foto: EPL / C. ARIAS)

Unha delegación de representantes da universidade de Almaty, en Casaquistán, visitaron onte a fábrica de Prestes de Vilalba, a través dun convenio de colaboración coa USC sobre industrias alimentarias, para coñecer de primeira man o proceso de produción do queixo San Simón.

A vicerreitora de investigación do campus casaco e a decana da facultade de tecnoloxía de alimentos realizaron unha visita guiada da man de Maikel Fernández, un dos responsables da planta, e acompañadas polo profesor Alberto Cepeda, do campus de Lugo, e Ángel Ramil, o xerente do Consello Regulador da denominación de orixe.

As visitantes, que se mostraron moi receptivas, interesáronse polo proceso de produción e elaboración dos queixos e destacaron a importancia de manter o proceso máis tradicional compaxinado co sector industrial. Ademais, non desaproveitaron a oportunidade de poder degustar o San Simón.

Alberto Cepeda, que visitou Casaquistán hai uns meses para colaborar nunhas conferencias sobre industrias alimentarias, asegura que o país asiático é «unha porta aberta» ao mercado ruso, o que supón chegar a 400 millóns de persoas..

«Casaquistán é un país cinco veces máis grande que España e cunha poboación moitísimo inferior, de 16 millóns de persoas. é un país que se está construíndo e podería ser un mercado importante», apunta o profesor, que asegura que «mira moito a Europa» e que ten «paro cero».

Ángel Ramil, pola súa banda, destacou que «todos son benvidos» e que Casaquistán podería ser un mercado importante, xa que alí o sector das queserías está moi pouco desenvolvido.

Comentarios