Proteínas

Este é un peixe semigraso e fácil de dixerir. Cabe destacar o seu alto contido en proteínas, así como o achegue de omega 3, moi beneficioso para a saúde.

Ingredientes

  • 1,5 kg. de rodaballo Pescanova.
  • Dous ourizos de mar.
  • Un vaso de aceite de oliva.
  • Unha copa de brandy.
  • Un vaso de nata líquida.
  • Un vaso de salsa mariñeira.
  • Sal.

Elaboración

Trocéase o rodaballo de Pescanova e salpiméntase. Nunha tixola, bótase un pouquiño de aceite e dóurase o peixe durante 5 minutos. A continuación flaméase co brandy. Retírase e introduce nun recipiente adecuado. Noutro recipiente botamos unha cullerada de aceite e a carne dos ourizos, refogando uns catro minutos. Engádense a tona e o vaso de salsa mariñeira cun chisco de sal, deixando cocer todo outros cinco minutos máis. No recipiente anterior, cóbrese o rodaballo coa salsa recentemente feita e introdúcese no forno durante 12 minutos a 190 graos. Retírase e listo para servir.

Para a guarnición: unha brocheta de verduras á prancha con calabacín, berenxena, pepinillo, champiñóns, tomates cherry, pementos vermellos e verdes.

Comentarios