Quince profesionais do Benelux nunha mesa de traballo no D. O. Rías Baixas

O Consello Regulador da DO Rías Baixas organiza mañá pola tarde, a partir das 17,30 h., unha mesa de traballo dirixida a quince profesionais do Benelux. Estes importadores e xornalistas terán a oportunidade de catar unhas 20 marcas amparadas por esta denominación de orixe, pertencentes a once adegas da denominación. A duración desta actividade será de dúas horas. Esta xornada de traballo foi promovida pola Cámara de Comercio de Ourense.

As setenta e tres adegas adscritas ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas exportaron un total de 3.031.434 litros  de viño no exercicio 2008, que alcanzaron un valor de máis de 17 millóns de euros. Estes datos tradúcense en 4.041.912 botellas, pois toda a produción deste Consello Regulador véndese embotellada, que chegaron a 55 países. Concretamente, Holanda exportou viño do D.O. Rías Baixas por un valor superior aos 402.000 €, mentres que Bélxica fíxoo por máis de 317.500 €.

Comentarios