Rápida

A soia é un vexetal no que se atopan reunidos todos os aminoácidos esenciais, o que determina o seu valor biolóxico na alimentación humana. Ten o aspecto dun guisante seco en cru. Cocido é como unha xudía mediana, pero o seu comportamento é distinto. Tamén ten diferentes sabor e textura. En efecto, cando se cociña abrándase, pero non chega a desfacerse, aínda que se prepare en pota a presión.

Ingredientes para unha persoa:

  • 50 gramos de fideos.
  • 100 gramos de rape.
  • Seis gambas.
  • Seis ameixas babosas.
  • Dous cucharadas de salsa de soia.
  • Un dente de soia.
  • Perexil picado.

Elaboración

En primeiro lugar, cócense os fideos de soia durante dous minutos e arrefríanse. A continuación, ábrense as ameixas e resérvanse. Frítese o rape xunto coas gambas e engádese o fumet das ameixas e as cucharadas de soia. Seguidamente, refóganse os fideos xunto ao rape e as gambas. Para rematar, súmanse as ameixas e empóase con perexil.

Comentarios