Sábado solleiro e de temperaturas altas

Este sábado Galicia continuará coa influencia anticiclónica, polo que se esperan ceos despexados durante o día con entrada de nubes de tipo alto cara á noite. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo de compoñente sur. Pola súa banda, as temperaturas continuarán sen cambios significativos, con lixeiros descensos dás mínimas. 

Deste xeito, nas cidades galegas as temperaturas máximas pasarán dos 20 graos en Ourense, Vigo, Ferrol, A Coruña e Pontevedra, mentres que os valores mínimos descenderán ata un grao en Lugo e Ourense. 

Comentarios