Sábado de intervalos nubrados e choivas débiles en Galicia

Mapas de predicción del tiempo para este sábado. METEOGALICIA
photo_camera Mapas de predicción del tiempo para este sábado. METEOGALICIA

O fin de semana empeza cun ceo con intervalos nubrados no litoral atlántico e pouco nubrado no resto, con aumento de madrugada a ceo cuberto, excepto no extremo nordés, onde predominarán os intervalos de nubes medias e altas.

Haberá choivas e chuvascos no suroeste, que serán máis frecuentes e intensos durante a segunda metade do día, cando poden ir acompañados de tormentas.

No resto de Gailcia produciranse choivas débiles e dispersas, que serán menos probables canto máis ao nordés da comunidade autónoma. Haberá tamén brumas e algún banco de néboa matinal nos vales do sueste.

As temperaturas mínimas apenas sufrirán cambios ou ascenderán lixeiramente, mentres que as máximas estarán en descenso no suroeste e sen cambios ou en lixeiro descenso no resto.

O vento será de compoñente sur, frouxo ao principio no interior e máis intenso no litoral, con intervalos fortes entre Fisterra e Ortegal, que aumentará a partir do mediodía no terzo norte con refachos moi fortes.

Temperaturas mínimas e máximas nas cidades galegas
Pontevedra   11     19
Lugo               7     16
A Coruña      15     20
Vigo              14     19
Ferrol            13     19
Santiago       11     16
Ourense        10    18

Comentarios