Un sábado de paraugas coa cota de neve nos 1.200 metros

Mapas de previsión. METEOGALICIA
photo_camera Mapas de previsión. METEOGALICIA

Galicia estará este sábado baixo os efectos dunha borrasca situada sobre Inglaterra que chegará ás primeiras horas. Así, as previsións de Meteogalicia apuntan a que durante a mañá o ceo estará cuberto, con choivas, que se repetirán pola tarde aínda que entón tamén se abrirán algúns claros. As precipitacións serán de neve ao final do día en cotas ao redor dos 1.200 metros. 

Nas temperaturas, mentres, haberá un lixeiro ascenso. As máximas moveranse entre os 13 graos de Lugo e os 18 de Pontevedra e Vigo. As mínimas estarán entre os 6 da capital lucense e os 11 da Coruña.