O sábado trae ceos nubrados e choivas xeralizadas pola tarde

Mapas con las previsiones. METEOGALICIA
photo_camera Mapas coas previsións. METEOGALICIA

O ceo galego evidencia este sábado que se achega un centro de baixas presións, polo que estará parcialmente nubrado e descargará choivas que serán máis xeralizadas durante a tarde. 

Atendendo ás previsións de Meteogalicia, as temperaturas mínimas non experimentarán grandes cambios e as máximas subirán algo. Así as cousas, A Coruña chegará aos 16 graos e a mínima do mapa urbano serán os 5 de Lugo.

Mentres, boa parte da Península recibe esta fin de semana unha nova borrasca, Gloria, que traerá temperaturas xélidas con neve en cotas moi baixas (300 metros).