Achégase o Santiago(é)tapas

Así pois, todos os amantes da boa cociña, especialmente das tapas, poden gozar das mellores tapas na cidade do apóstolo, deste xeito promóvese a gastronomía propia da terra con estes exquisitos pratos de degustación. Ademais, na edición pasada que doutra banda era a inaugural, o éxito foi rotundo, tanto por parte dos extablecimientos, como pola afluencia e a participación dos asistentes.

Esta segunda edición do concurso Santiago(é)tapas celebrarase do 25 de xuño ao 12 de xullo de 2009.

O Tapasporte, é unha das accións de mercadotecnia que debe repercutir dun xeito directo na evolución do evento. Proponse un xogo dinamizador que pretende simpatizar con toda a cidade para que se impliquen no evento. En realidade o denominado Tapasporte está enfocado a cumprir 2 obxectivos fundamentais:

1) Dinamizar e incentivar á xente para que participe no concurso
2) Promover rutas ou ''(é)tapas'' gastronómicas diferentes ás dos circuítos habituais

Para promover a relación entre traballadores e traballadores de empresas tanto públicas como privadas, nesta edición de 2009 presente a acción Tapasporte colectivo. As condicións de uso de Tapasporte colectivo para o concurso de tapas de Santiago son:

1) O Tapasporte colectivo poderá ser solicitado por grupos pertencentes a unha mesma empresa, cun número mínimo de 5 persoas e máximo de 20
2) Un encargado da empresa recibirá os Tapasportes, achegando os datos persoais de cada un dos membros debido a que o Tapasporte propio é persoal e intransferible.
3) O Tapasporte colectivo pode reservarse na secretaría técnica (Rúa República do Salvador 8-3º. 15701 Santiago de Compostela) Telf: 981 93 53 45- 981 56 91 94 Fax: 981 59 11 71. E-mail: [email protected] O horario é de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.

O Tapasporte colectivo poderá obterse:

1) Na mesma empresa participante, previa solicitude na Secretaría Técnica.
2) Na Secretaría Técnica
3) Na oficina de información turística municipal da Praza de Galicia, a partir do 23 de xuño de 12.00 a 15.00 e de 17.00 a 21.00 todos os días.

O Tapasporte colectivo ha de conservarse ata o final. O coletivo gañador será o que obteña mellor media de participación. E obterán como premio a estadía para todos os membros do grupo no Pazo de Lestrove (Pousada de Compostela) a gastos pagos.

Comentarios