Dórmese ao volante e choca contra dous turismos en Culleredo

Tres persoas resultaron feridas de carácter leve

Un condutor quedouse durmido na mañá deste martes ao volante e chocou contra outros dous turismos en Culleredo, onde tres persoas necesitaron asistencia sanitaria tras resultar feridas de carácter leve, informan fontes de Urxencias 112.

O sinistro ocorreu por unha colisión frontal do turismo que conducía o home que se durmiu contra outros dous vehículos sobre as 9.00 horas na estrada de Almeiras.

Ata o punto desprazáronse ademais de Urxencias Médicas, os axentes de Tráfico e da Policía Local.

O 112 tamén avisou aos bombeiros de Arteixo, a Protección Civil e ao persoal do servizo de mantemento da estrada. 

Comentarios