A semana arrinca cun lixeiro ascenso das temperaturas

Os termómetros oscilarán este luns nas grandes urbes galegas entre os 5 e os 23 graos

Previsión de Meteogalicia
photo_camera Previsión de Meteogalicia

Galicia continuará durante este luns nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, cunha fronte cálida que se achegará polo litoral atlántico co avance do día. Deste xeito, espéranse bancos de néboa matinais en zonas de interior, que darán paso a ceos alternando nubes e claros, con nubes baixas que entrarán polo oeste e incluso poderían deixar algunha choiva débil na franxa atlántica.

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, segundo as predicións da Meteogalicia

Temperaturas mínimas e máximas extremas previstas nas cidades:
A Coruña: 10° - 17°
Ferrol: 8° - 18°
Lugo: 5° - 20°
Ourense: 6° - 23°
Pontevedra:  8° - 20°
Santiago: 7° - 20°
Vigo: 9° - 21°. 

Comentarios