A semana comeza en Galicia con ceos despexados e ascenso das máximas

As temperaturas superarán os 20 graos nalgúns puntos
Previsión para este luns
photo_camera Previsión para este luns

A semana comezará en Galicia baixo condicións anticiclónicas e polo tanto con predominio da estabilidade atmosférica, o que deparará unha xornada de ceo pouco nubrado ou despexado.

Haberá algún intervalo de nubes altas na metade norte e néboas matinais en vales do interior.

As temperaturas subirán, sendo o ascenso máis acusado nos valores máximos diúrnos.

Os ventos soprarán frouxos, de dirección variable.

Temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 7º/17º, Ferrol 5º/19º, Lugo 2º/20º; Ourense 5º/24º; Pontevedra 5º/21º; Santiago 6º/19º; Vigo 8º/20º. 

Comentarios