A semana empeza asollada en Galicia

Os ceos permanecerán este luns despexados e as temperaturas máximas experimentarán un lixeiro ascenso
Tiempo
photo_camera Tempo

O tempo estable, con ceos pouco nubrados ou despexados, predominará este luns en España, e tamén en Galicia. A comunidade estará durante a xornada baixo a influencia das altas presións situadas ao noroeste. Así, os ceos estarán moi pouco cubertos en xeral, fóra dalgunhas nubes altas no suroeste e néboas matinais no interior. 

Ademais, segundo recolle a web de Meteogalicia, as temperaturas mínimas descenderán e as máximas experimentarán lixeiros ascensos. No que respecta ás grandes urbes galegas, os valores máis altos alcanzaranse en Ourense (21 graos), seguida de Pontevedra e Vigo (18º), Compostela e Ferrol (17º), Lugo (16º) e A Coruña (15º).

En canto aos máis baixos, os termómetros esborrallaranse ata marcar un grao na capital lucense; tres na cidade das Burgas; cinco en Santiago e sete na Boa Vila. 

En canto aos ventos, soprarán frouxos do nordeste, con maior intensidade no litoral da Coruña. 

Comentarios