Sete restaurantes reciben o 'Tenedor de Ouro 2008'

Entrega de los premios 'Tenedor de Oro 2008' (AGN)
photo_camera Entrega de los premios 'Tenedor de Oro 2008' (AGN)

Sete establecementos hostaleiros foron premiados no certame gastronómico 'Tenedor de Ouro 2008', celebrado en Santiago. O acto serviu tamén para o ingreso na 'Orde de Honra do Tenedor de Ouro' de Xosé Sánchez Bugallo,  alcalde de Santiago, que non puido asistir á gala. Sánchez Bugallo é o décimo personaxe público que se incorpora a esta orde, creada para premiar as actividades de promoción turística e o esforzo por dinamizar o sector gastronómico.

O Hotel Husa Odeón (Ferrol), na categoría de mellor restaurante hotel; o Porta de Santiago (Lugo), entre os asadores; o Carrabouxo (Carral), como mellor establecemento de cociña tradicional; o Mesón O Pío (Narón), como mellor mesón rural; o restaurante Mirandilla (Ribadeo), pola calidade do seu marisco; o Restaurante Manuel Manuel (Lugo), por introducir novas tendencias culinarias, e o grupo Pizza Tutto, polos seus pratos de cociña internacional; foron os galardoados como representantes do mellor da cociña galega nesta edición do 'Tenedor'.

á cea gala asistiron máis de 200 invitados, entre os que figuraba o director xeral de Turismo da Xunta, Rubén Lois, ademais de alcaldes e outros representantes do concello e a comarca de Santiago.

O Tenedor de Ouro é unha iniciativa que busca promocionar e dar a coñecer os establecementos de hostalería galega dentro e fóra da comunidade. Trátase dos únicos premios da súa categoría que se escollen por votación popular.

Comentarios