Sofisticado

Ingredientes

  • Dúas cebolas doces.
  • Teriyaki:
    • 50 ml.de salsa de soia.
    • 25 ml. de mirin.
    • 25 ml. de sake.
    • Unha cucharada de azucre.
  • Bonito:
    • 250 gr. de bonito.
    • Unha cucharada de mostaza.
    • Manteiga e sal.
  • Crema de pataca:
    • 150 gr. de patacas.
    • Manteiga.
    • 20 ml. de nata.
    • Pementa e sal.

Elaboración

Primeiro córtanse as cebolas en xuliana e póchanse a lume lento. Á parte, ponse a reducir os ingredientes do teriyaki ata que quede unha salsa un pouco viscosa. Unha vez pochadas as cebolas engádeselles un pouco desta salsa, redúcese e resérvase. Adúbase o bonito coa mostaza antiga e saltéase na tixola. Cócense as patacas e faise unha crema coa manteiga e o resto de ingredientes. Para empratalo móntase a copa,un pouco de cebola confeitada no fondo, o bonito no medio e cóbrese coa crema de pataca.

Comentarios