martes. 04.08.2020 |
El tiempo
martes. 04.08.2020
El tiempo

O sol brillará pola tarde en toda Galicia

Mapa coa previsión de Meteogalicia
Mapa coa previsión de Meteogalicia
Os ceos estarán pouco nubrados ou despexados a partir do mediodía

Este luns as altas presións entrarán en Galicia en forma de cuña e provocarán estabilidade e a entrada de aire cálido desde o sur, de modo que o día amencerá con nubes baixas e néboas en puntos do interior, pero co paso das horas retiraranse e os ceos estarán pouco nubrados ou despexados a partir do mediodía. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo de compoñente norte, con intervalos de moderado no litoral pola tarde. 

As temperaturas mínimas non rexistrarán cambios significativos, pero as máximas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado e recuperarán valores propios desta época do ano. Deste xeito, nas cidades galegas as temperaturas máximas subirán até os 30 graos en Ourense, os 28 en Pontevedra ou 27 en Vigo, mentres que en Lugo os termómetros non pasarán dos 23. Pola súa banda, os valores mínimos oscilarán entre os 12 graos da capital lucense e os 16 da Boa Vila.

O sol brillará pola tarde en toda Galicia
comentarios