Galicia chega ao último domingo de marzo con sol e temperaturas en ascenso, máis acusado nas máximas. Así é que os termómetros superarán os 20 graos en boa parte da comunidade, incluídas as sete principais cidades. Vigo, Pontevedra e Ourense, de feito, alcanzarán os 25.
Atendendo á información de Meteogalicia, que anuncia ventos frouxos, a diferenza térmica da xornada será máis que notable, xa que pode haber máis de 20 graos entre a mínima e a máxima. É o caso de Lugo, onde se espera a mínima máis baixa do mapa urbano, con 2 graos. A diferenza será menor en Pontevedra, que se moverá entre os 10 e os 25 graos.
Despois deste sábado con ceos despexados en #Galicia, mañá domingo será un día moi semellante. Algunha néboa pola mañá que dará paso a☀️
— MeteoGalicia (@MeteoGalicia) March 27, 2021
Temperaturas en 📈
Boa noite e lembrade o cambio de hora!!! pic.twitter.com/MGIRuyfyG4