Terra do Gargalo branco

viinoLRE1709P8F3.JPG
photo_camera viinoLRE1709P8F3.JPG

Zona: D.O. Monterrei. Colleita: 2010. Maridaxe: Robaliza ao sal con salsa de pementa. Graos: 13% vol. Temperatura de consumo aconsellada: 12º

Ourense é a provincia que conta con maior número de denominacións de orixe da comunidade galega. Nesta ocasión, hai que facer unha parada ao sur da provincia, onde se atopa Monterrei, a máis nova das denominacións galegas. Nestas terras plasmou Roberto Verino a unión entre os bos viños e a alta costura, cando hai xa vinte anos o deseñador de moda decidiu recuperar os viñedos e replantar variedades autóctonas de uva, como mencía, arauxa, godello, treixadura, dona branca e bastardo para que non se perdesen no esquecemento. As cepas repártense polas 18 hectáreas de viñedo no val de Monterrei baixo a mirada atenta do maxestuoso castelo, que en silencio observa o meticuloso coidado que reciben estas cepas baixo un clima continental. Nestas condicións elabóranse os cinco viños da Adega Terra do Gargalo. Hoxe será o protagonista un dos seus brancos.

CATA

A súa cor é amarelo palloso, con escintileos verdosos e interesante bágoa. Nariz de marcada intensidade na que destacan aromas frescos a herbas, flores e cítricos.

Comentarios