Terras Gauda, Premio Investigación 2009

A Real Academia Galega de Ciencias concedeu a Terras Gauda o 'Premio Investigación 2009' polo seu 'Estudo para a mellora da calidade do viño Albariño' desenvolvido en colaboración co Instituto de Fermentacións Industriais do CSIC e coa Misión Biolóxica de Galicia, tamén do CSIC. Un galardón que lle será entregado o próximo 3 de decembro.

O presidente de Terras Gauda, José Mª Fonseca Moretón, e o director técnico, Emilio Rodríguez Canas, analizarán o posicionamento da adega como un referente en I+D+i sendo pioneira co estudo de selección clonal de Uva Albariño e coa primeira patente de fermento ecotípica de Albariño, ambos os dous proxectos desenvolvidos co CSIC.

E é que Terras Gauda aposta polo I+D+i desde a súa fundación co obxectivo de potenciar a singularidade e calidade dos seus viños e obter colleitas máis regulares.

Comentarios