Trece importadores estadounidenses na xornada do traballo no Pazo de Mugartegui

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas recibe mañá venres, 17 de xullo, a partir das 11 h., a trece importadores estadounidenses. Estes profesionais participarán durante a mañá nunha mesa de traballo no Pazo de Mugartegui con diferentes adegas adscritas á denominación de orixe, que participan en plans de exportación de Rías Baixas. Eva Mínguez, directora de promoción, explica que “é unha visita moi interesante porque son as persoas encargadas de importar o viño a ese país”. Esta actividade, na que participa o Consello Regulador, está organizada pola Cámara de Comercio de Tui.

Ademais, estes importadores participarán mañá, venres, na comida oficial da XVII Festa do Viño do Rosal. Xa pola tarde aproveitarán para acudir algunhas adegas desta subzona, actividade que continuarán ao día seguinte. Con estas visitas tratarán de profundar os seus coñecementos sobre esta denominación de orixe, profundar no seu coñecemento de marca, e visitar os diferentes viñedos.

Comentarios