Tres persoas resultan feridas nun atropelo en Verín

Todas foron derivadas a un centro hospitalario

Tres persoas resultaron feridas en Verín ao ser atropeladas por un vehículo. As tres vítimas foron evacuadas polos efectivos sanitarios a un centro hospitalario. 

O sinistro tivo lugar na Travesa de Sousas. Unha persoa particular alertaba do ocorrido ao 112 Galicia ás 19.30 horas deste xoves. 

O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informou o atropelo múltiple a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Verín. A situación tamén foi posta en coñecemento de Protección Civil e da Policía Local.

Comentarios