Un albanel ferido tras sufrir unha caída en Oza-Cesuras

Un albanel resultou ferido na tarde deste martes nun accidente laboral en Oza-Cesuras. O home sufriu unha caída na obra dunha casa, situada na parroquia de Cines, segundo informou o 112 Galicia.

Foi o propio dono da vivenda o que contactou co 112 ás 18.30 horas. Desde a central alertouse ao 061-Urxencias Sanitarias e á Garda Civil.

Comentarios