Un novo viño do D. O. Monterrei premiado internacionalmente

O godello ''Pazo de Mariñán'' pertencente ás adegas ''Tapias-Mariñán'' amparadas pola  Denominación de Orixe ''Monterrei'' foi  elixido por segundo ano consecutivo polo Monopolio de Bebidas Noruegués  para fornecer unha importante cantidade de botellas a este mercado nórdico no que obter representación é extraordinariamente difícil dado o volume de marcas que se presentan ao mesmo.

Para Antonio A. Méndez, Presidente do Consello Regulador do D.O. Monterrei, este galardón supón un novo recoñecemento para os viños amparados por esta denominación cuxa actual promoción  está día a día concretando  un considerable incremento nas vendas tanto a nivel nacional como internacional,  recordando a aposta que esta nova adega  esta realizando polos seus viños godello e treixadura que xa obtiveron dous importantes premios en Bruxelas e Londres.

Comentarios