Un traballador ferido ao caerlle encima unha rama dunha árbore en Frades

O home foi evacuado en helicóptero a un centro hospitalario

Un operario resultou ferido na tarde deste martes en Frades tras caerlle encima unha rama dunha árbore.

A vítima estaba a traballar nunha zona de monte nas proximidades de Abellá, en Xanceda, preto da estrada que conecta Ordes e Lanzá.

Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia ás 17.10 horas para explicar o ocorrido. Desde a central de urxencias informaron ao 061, que decidiu enviar ao momento o helicóptero medicalizado con base en Santiago, que evacuou ao ferido a un centro hospitalario.

Tamén alertaron ao GES de Curtis e a Garda Civil.

Comentarios