Unha muller é arroiada en Betanzos polo tractor co que traballaba

O suceso produciuse no lugar de Betanzos O Vello, na parroquia de Tiobre

Unha muller resultou ferida na noite deste sábado no municipio coruñés de Betanzos ao ser arroiaba polo tractor con que traballaba, informa o 112.

O suceso produciuse ás 22 horas no lugar de Betanzos O Vello, na parroquia de Tiobre, onde un particular alertou de que a vítima tiña cortes nas pernas.

Esta muller fresaba cun vehículo agrígola cando este lle pasou por encima das pernas, polo que foi trasladada a un centro hospitalario.

Comentarios