Unha ''papada de porco con cigalita'' é a mellor tapa de Santiago

A proposta do restaurante A Tafona imponse como ‘Mellor Tapa 09' do concurso Santiago(é)Tapas, que premia tamén aos restaurantes Acio, Madam Ragú, O Catro, Garum Bistró e Tapería Castelao.

27.000 tapas degustadas, 8.000 Tapasportes en circulación, 150 premios entregados e máis de 1.600 admiradores en Facebook son as cifras finais do concurso SANTIAGO(é)TAPAS.

A ‘Papada de porco con cigalita e limón' do restaurante Tafona é a mellor tapa do 2009 en Santiago de Compostela, segundo o veredicto do xurado do II Concurso SANTIAGO(é)TAPAS, que pechou o mércores 15 dúas semanas de intenso ‘tapeo' cunha gala de premiación no Mercado de Abastos.

Organizado por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela, o concurso celebrouse desde o 25 de xuño ao 12 de xullo por 5 rutas de peregrinación' ‘gastronómica nas que 50 bares e restaurantes ofrecían os seus mellores 109 tapas á degustación de composteláns e visitantes.

Os resultados do concurso superan con fartura aos da primeira edición en 2008: consumíronse 27.000 tapas –un 20% os meus que o ano pasado-, empregáronse 8.000 Tapasportes –un 25% máis- e entregáronse xa 150 premios aos participantes que completaron rutas do concurso, entre eles 5 pantallas LCD, fins de semana de aloxamento e catas. Ademais este ano púxose en marcha unha páxina de Facebook que reuniu a máis de 1.600 ‘admiradores' de SANTIAGO(é)TAPAS.

Os premios do xurado
O xurado estivo constituído por cociñeiros, hostaleiros, xornalistas, bloggers gastronómicos e expertos en calidade alimentaria que probaron as tapas de incógnito. Os seus premios foron:

 ‘Mellor Tapa 09': Papada de porco con cigalita e limón. Restaurante A Tafona. Recibe 2.000 euros, diploma e agasallo.
‘Tapa Tradicional 09' (tapa inspirada na tradición gastronómica e con produtos galegos): Filloa ‘O Catro'. O Catro. Recibe 1.500 euros, diploma e agasallo.
‘Tapa Creativa 09' (elaborada con produtos galegos pero con técnicas innovadoras): Empanada de polbo seco á chama. Acio Restaurante. Recibe 1.500 euros, diploma e agasallo.
‘Estrela Galicia 09' (tapa que mellor marida con cervexa Estrela Galicia): Cubo crocante de atún con marmelada de tomate avainillado. Garum Bistró. Recibe unha viaxe a Praga para dúas persoas.
‘Galicia Calidade 09' (tapa que mellor emprega produtos galegos de calidade): Brocheta de luriñas con maionesa verde de algas e pó de nori. Restaurante Tapería Castelao. Recibe 1.500 euros, diploma e agasallo.

Os premios do público
O público elixiu a través do seu voto directo a mellor tapa e o establecemento coa mellor atención e servizo.

‘Tapa do Público 09': Con nota media de 4,766 puntos sobre 5: Bacallau Maravillau. Madam Ragú. Recibe 1.500 euros, diploma e agasallo.
‘(é)xcelente 09' Con nota media de 4,761 sobre 5: Madam Ragú. Recibe 1.500 euros, diploma e agasallo.

Como dato adicional, a puntuación media do público para o conxunto das 109 tapas foi de 3,990 puntos, e a puntuación media á excelencia dos locais foi de 4,252.

Os premios foron entregados o mércores 15 de xullo nunha gala final que se celebrou no Mercado de Abastos. No acto tamén se coñeceu o nome da empresa máis ‘tapeadora' do concurso de Tapasporte Colectivo, TESEL Compostela, que gañou un fin de semana no Pazo de Lestrove; e sorteáronse máis pantallas LCD entre os Tapasportes completados con 5 rutas e billetes aéreos entre todos os participantes que cubriron os posavasos para votar polas súas tapas favoritas.

SANTIAGO(é)TAPAS, iniciativa de Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela, conta co patrocinio privado de Estrela Galicia, o patrocinio institucional de Galicia Calidade e a colaboración especial da Praza de Abastos e o Grupo O Correo Galego.

Comentarios