Unha loura autóctona

Alberto Curiel, en su laboratorio del CEI (Foto: SEBAS SENANDE)
photo_camera Alberto Curiel, en su laboratorio del CEI (Foto: SEBAS SENANDE)

Hai dous meses que Alberto Curiel empezou a fabricar e comercializar a primeira cervexa artesá de Lugo, chamada Aloumiña. De momento trátase dunha produción pequena, duns 300 litros semanais, a cal reparte entre 5 locais de Galicia, catro deles de Lugo e outro en Santiago de Compostela..

Este último, o Catrineta, é unha tenda de conservas naturais que abriu as súas portas a este produto pioneiro. é tal o éxito que está a ter alí a cervexa, que se trata do principal cliente de Alberto. «Chama a atención dos turistas e os peregrinos que chegan a Santiago, así que a estou vendendo moi ben alí», explica Alberto.

En Lugo tamén se está empezando a atopar a bebida en locais como o Jazz&Beer, As Muxicas, o Mangiarte ou A Feira -en Rábade-, onde cada vez está a gañar máis adeptos. A cervexa pódese degustar nas tres variedades nas que se fabrica, a ‘loura', a ‘moura' e a ‘tosta'. A loura é a que máis se vende en xeral e en particular co bo tempo, pero a negra, aínda que se vende menos, ten un público «moito máis fiel que só bebe esta variedade», matiza Alberto.

A pesar de que a este mozo gustaríalle estar presente en máis establecementos, a produción actual non permitiría unha subministración a gran escala, polo que Alberto ten en mente adquirir unha máquina de cocción máis grande (duns 200 litros) para poder fabricar máis cantidade de bebida e chegar a máis xente.

«As principais características desta bebida é que é autóctona, xa que a fago toda en Lugo, natural, xa que se respectan os tempos de fabricación da cervexa, e artesá, xa que a fago toda a man e en pequenas doses», sinala o seu creador. Segundo indica o mozo é de aquí de onde xurdiu o nome do produto, xa que Aloumiña fai referencia ao coidado e naturalidade coa que está feita, «todo a man, con paciencia, como unha caricia», indica o mozo emprendedor.

Ademais da fabricación, é o propio Alberto o que se encarga do envasado e incluso da distribución da bebida aos puntos de venda. «Ao ser cantidades pequenas non me fan falta intermediarios, que o único que farían sería encarecer o prezo do produto ao público», sinala

Este mozo emprendedor leva a cabo todo o proceso de fabricación no Centro de Empresas e Innovación de Lugo (Cei), onde ten asignado durante 3 anos un laboratorio para o seu proxecto e no cal se lle ofrece asesoramento burocrático e fiscal aos emprendedores instalados alí.

Confía en poder incrementar a súa produción en canto fágase cunha nova máquina de cocción e chegar a novos establecementos comerciais.

Comentarios