V Festa de Tapas

A V edición deste encontro gastronómico, que correrá a cargo da asociación A Magdalena, terá lugar o 21 e 22 de abril, en Ames.

Así, o sábado 21, as charangas Os Santiaguiños e T.N.T amenizarán a xornada, a partir das 12.30 horas. Seguidamente, os asistentes poderán degustar as distintas tapas elaboradas polos establecementos hostaleiros da zona.

Pola tarde, ás 18.30 horas, a charanga T.N.T ofrecerá a súa actuación. ás 21.00 horas haberá unha Latin-Session.

Para o domingo 22, as charangas Os Atrevidos e O Recobio percorrerán as rúas de Ames para ofrecer a súa actuación. A continuación, os asistentes poderán degustar, do mesmo xeito que o día anterior, as tapas que elaboraron os bares participantes.

Ás 15.00 horas, ambos os grupos competirán nun duelo e, dúas horas máis tarde, ás 17.00 horas, terá lugar a verbena, que correrá a cargo do grupo Talismán. ás 18.00 horas a charanga O Recobio volverá repetir actuación. Finalmente, ás 20.00 horas, a orquesta Talismán porá o broche fin de festa.

Comentarios