Ceos encapotados antes dunha fin de semana de sol

O venres, Galicia manterá a influencia anticiclónica, aínda que unha fronte pouco activa deixará os ceos cubertos no norte e noroeste, con posibilidade dalgunha precipitación débil no litoral, mentres que o resto da comunidade amencerá con bancos de néboa que se irán disipando para quedar cos ceos pouco nubrados ou despexados. 

Segundo a información de Meteogalicia, o vento soprará frouxo do suroeste, con intervalos de moderado no litoral a primeiras horas e co avance do día quedará moi frouxo de compoñente oeste. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. 

Así, por cidades, as máximas oscilarán entre os 30 graos de Ourense e os 20 da Coruña e Ferrol, mentres que as mínimas estarán entre os 14 graos de Ourense e Lugo e os 17 de Pontevedra. 

Comentarios