sábado. 04.07.2020 |
El tiempo
sábado. 04.07.2020
El tiempo

Venres de inestabilidade atmosférica en Galicia

As temperaturas mínimas non terán cambios significativos e as máximas descenderán lixeiramente

O venres Galicia quedará na influencia das baixas presións e con presenza de aire frío en capas altas da atmosfera, deixando inestabilidade atmosférica na maior parte do territorio.

Deste xeito, os ceos estarán parcialmente anubrados, con chuvascos localmente fortes e treboentos pola tarde nas comarcas do interior.

As temperaturas mínimas non terán cambios significativos e as máximas descenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo de compoñente oeste.

Mapa

Venres de inestabilidade atmosférica en Galicia
comentarios