viernes. 10.07.2020 |
El tiempo
viernes. 10.07.2020
El tiempo

Volve a choiva nun luns de altas temperaturas

METEOGALICIA
METEOGALICIA

Medra a inestabilidade meteorolóxica en Galicia tras un domingo que ofreceu un adianto do verán, e faino cunhas temperaturas que seguen sendo altas. As previsións de Meteogalicia anuncian chuvascos para este luns, que serán máis probables pola tarde e poderán ser puntualmente fortes, mesmo con saraiba e tormentas.

Nunha xornada de ventos frouxos pola mañá e moderados pola tarde, os termómetros volverán rozar os 30 graos en Ourense, alcanzarán os 26 na Coruña e os 25 en Pontevedra, Lugo e Ferrol. As temperaturas mínimas moveranse na Galicia urbana entre os 12 graos da capital lucense e os 16 de Vigo.

Volve a choiva nun luns de altas temperaturas