martes. 04.08.2020 |
El tiempo
martes. 04.08.2020
El tiempo

Xornada de transición en Galicia: a choiva deixa paso ao sol

Previsión para este xoves. METEOGALICIA
Previsión para este xoves. METEOGALICIA
A comunidade comeza a quedar lentamente baixo a influencia das altas presións

Este xoves Galicia comeza a quedar lentamente baixo a influencia das altas presións.

Así, os ceos presentarán intervalos nubrados con progresiva apertura de claros, sen descartar algún chuvasco illado e ocasional. Haberá bancos de néboa en zonas de interior.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso na metade sur.

O vento soprará frouxo, variable pola mañá e de compoñente norte pola tarde.

Estas son as temperaturas mínimas e máximas previstas nas principais cidades:
A Coruña 12°/19°; Ferrol 11°/20°; Lugo 10°/19°; Ourense 10°/25°; Pontevedra 10°/22°; Santiago de Compostela 10°/20°; Vigo 13°/21°

Xornada de transición en Galicia: a choiva deixa paso ao sol
comentarios