Ferida unha muller en Ourense ao ser atropelada por unha moto

O suceso produciuse na rúa Celso Emilio Ferreiro. A vítima está ferida de gravidade

Unha muller resultou ferida ao ser atropelada por unha moto ao redor das 17.00 horas deste luns, na rúa Celso Emilio Ferreiro de Ourense.

Unha ambulancia de Urxencias Médicas trasladou á ferida ao complexo hospitalario da cidade, mentres que o motorista acudiu ao centro de saúde polos seus propios medios. Un das persoas que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda asegurou que a muller tiña feridas de gravidade, segundo apunta a Central de Atención ás Emerxencias no seu último parte.

Foron alertados efectivos da Policía Local e os bombeiros da cidade.

Comentarios