Os socialistas ourensáns pedirán ao Concello unha rúa para Pedro Zerolo

Aseguran que o pedirán "en recoñecemento á súa loita en favor da igualdade"

O portavoz do grupo municipal socialista de Ourense, Ángel Vázquez, confirmou este venres que a súa formación vai levar ao pleno de novembro unha proposta na que solicitará que se dedique unha rúa da cidade a Pedro Zerolo, "en recoñecemento á súa loita en favor da igualdade".

Así o sinalou, tras confirmar a inclusión desta petición no apartado de Rogos e Preguntas do pleno que terá lugar o venres 6 de novembro e despois de considerar que "é de xustiza recordar a súa loita a favor da igualdade real das persoas transexuais, así como de lesbianas, gais e bisexuais".

O militante socialista Pedro Zerolo, que faleceu o pasado 9 de xuño, foi un dos principais impulsores da Lei 13/2005, que fixo posible o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, "o chamado matrimonio igualitario", recordou Ángel Vázquez.

Comentarios