Manuel Baltar, reelixido presidente da Deputación de Ourense

Todos os partidos con representación na corporación votaron aos seus respectivos candidatos excepto o deputado de BNG, que votou en branco
El presidente de la Deputación de Ourense, Manuel Baltar (seguno por la derecha), posa junto a su padre y expresidente de la Diputación de Ourense, José Luis Baltar Pumar (segundo por la izquierda), su madre y su hermano, tras ser reelegido este martes
photo_camera El presidente de la Deputación de Ourense, Manuel Baltar (seguno por la derecha), posa junto a su padre y expresidente de la Diputación de Ourense, José Luis Baltar Pumar (segundo por la izquierda), su madre y su hermano, tras ser reelegido este martes

O candidato popular á Presidencia da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, saíu este martes reelixido como máximo representante da institución provincial, tras solicitar o apoio dos 14 votos dos deputados populares, que foron suficientes para a súa renovación no cargo.

Baltar saíu elixido na sesión de constitución da corporación provincial para a lexislatura 2015-2019, celebrada este mediodía no pazo provincial, un acto no que estivo arroupado polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, xunto co alcalde da cidade, Jesús Vázquez, e o seu pai, José Luis Baltar, quen non se perdeu a toma de investidura da nova corporación provincial, que conta con dezasete caras novas.

O pleno celebrouse tras a demora habida pola presentación dun recurso por parte do PSOE contra os resultados electorais do pasado 24-M.

A sesión, que se desenvolveu con total normalidade, comezou coa constitución da mesa de idade; toma de posesión de deputados; determinación do sistema de votación, que se celebrou con voto secreto en urna, e a elección e toma de posesión do presidente provincial.

O resto de partidos con representación na corporación, PSOE e Democracia Ourensana (D.O.) -novo partido na institución-, votaron aos seus respectivos candidatos. O representante do BNG optou, pola súa banda, por votar en branco.

Durante o seu discurso, Manuel Baltar prometeu "responsabilidade" e o seu "compromiso renovado" coa institución para esta etapa 2015-2019, na que tendeu "mans abertas" ao resto de grupos políticos para que realicen as súas "achegas" e a quen pediu "crítica" para facer "máis política e máis Ourense".

Comentarios