Alfonso Rueda presenta a súa candidatura para presidir o PP pontevedrés

O número dous do PP galego anunciou este sábado en rolda de prensa que se é elixido novo líder provincial do partido deixará o seu cargo como secretario xeral do PPdeG
El candidato a dirigir el PP de Pontevedra, Alfonso Rueda
photo_camera El candidato a dirigir el PP de Pontevedra, Alfonso Rueda

"Non o vexo como un paso atrás". Alfonso Rueda asegurara este venres que a súa candidatura á Presiencia do Partido Popular pola provincia de Pontevedra non supón unha degradación na súa carreira política. O número dous do PP galego anunciou este sábado en rolda de prensa que se é elixido novo líder provincial do partido deixará o seu cargo como secretario xeral do PPdeG.

Roda asegurou que a súa candidatura, que comunicou en primeiro lugar a Rafael Louzán, actual presidente do PP provincial, e logo a Alberto Núñez Feijóo, responde a unha decisión persoal. "Onde eu podo ser máis útil é como vicepresidente da Xunta e como presidente do PP de Pontevedra", engadiu.

O político pontevedrés sinalou que dirixir o partido nas Rías Baixas "é a miña vocación" e un "reto", sobre todo logo da caída en votos da súa formación. "Somos conscientes de que baixamos o apoio electoral", recoñeceu en número dous do PP de Galicia, que vincula estes resultados a tres escenarios: a xestión durante a crise, os casos de corrupción e o desgaste.

Comentarios