Catro ciclistas feridos en diferentes zonas de Galicia

Unha caída e tres colisións, con vehículos involucrados, foron as causas dos accidentes

Catro ciclistas resultaron feridos noutros tantos accidentes rexistrados nas últimas horas en Gondomar, Ponteareas, Cerceda e O Rosal, ben ao chocar con outro vehículo ou por unha caída, informaron fontes do 112.

O primeiro accidente tivo lugar ás 12.30 horas na rúa Elduayen de Gondomar, onde un ciclista sufriu unha caída e resultou ferido cunha posible rotura de clavícula.

Ao fío das 13.00 horas, outro ciclista tivo que ser atendido tras ser alcanzado por un turismo na rúa Concha, en Ponteareas.

Media hora máis tarde, os servizos sanitarios de urxencia evacuaron ao Hospital Universitario da Coruña a un ciclista que chocou contra un turismo na AC-413, ao seu paso por Cerceda.

Finalmente, un cuarto ciclista resultou atropelado na estrada do Castro, no Rosal, cara ás 15.30 horas.

Comentarios