O lume calcina parte dunha casa en Santiago

O incendio rexistrouse na parroquia de Marantes, no lugar de Agualada

Un incendio rexistrado nunha casa de Santiago causou danos materiais no interior ao calcinar unha habitación da vivenda, situada na parroquia de Marantes, no lugar de Agualada.

O 112 Galicia recibiu a alerta ás 13.45 horas deste mércores por parte dun particular e pasou o aviso aos Bombeiros de Santiago, Policía Local e Nacional e Protección Civil de Santiago.

A dotación dos bombeiros logrou sufocar o lume e levaron a cabo labores de ventilación na vivenda, que quedou totalmente afectada o fume.

Comentarios