Aparece devorado polas quenllas o cadáver dun futbolista australiano

Eric Birighitti caeu ao mar o pasado 2 de xaneiro na costa de Twilight Beach, no oeste australiano
Eric Birighitti. TWITTER
photo_camera Eric Birighitti. TWITTER

O cadáver de Eric Birighitti, un futbolista australiano de 21 anos pertencente ao St. Thomas Aquinas College de Nova York, apareceu estes días na costa de Twilight Beach, no oeste de Australia, parcialmente devorado polas quenllas

O incidente no que Birighitti perdeu a vida tivo lugar o pasado 2 de xaneiro nesta zona da costa australiana. O deportista, que se atopaba de vacacións, estaba nunha zona rochosa do litoral cando escorregou e caeu ao mar. As persoas que se atopaban jutno a Birighitti intentaron rescatalo, pero a corrente arrastrouno mar dentro e foi imposible sacalo da auga.

O rastro do corpo perdeuse ata que o cadáver apareceu xunto a unhas rocas e con claras marcas de ser comido por quenllas. O diario El Español recolle as palabras dunha testemuña, Alison Walker, que asegura que a súa familia viu como os animais "atacaban" ao mozo. 

Comentarios