miércoles. 28.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 28.10.2020
El tiempo

Condenan a Yosi, líder de Los Suaves, por violencia machista

Yosi, cantante de Los Suaves. ADP
Yosi, cantante de Los Suaves. ADP
O músico recoñeceu acosar e coaccionar á súa exparella

José Manuel Domínguez Álvarez, máis coñecido como Yosi, foi condenado por un delito de violencia machista polo acoso ao que someteu á súa parella. O líder da banda ourensá Los Suaves deberá cumprir con traballos sociais en beneficio da comunidade tras admitir as coaccións nun xuízo rápido celebrado hai escasas semanas.

Os feitos remóntanse ao pasado ano, cando a súa por entón parella denunciou ao músico, de 72 anos, por telefonala de forma insistente, incluso de madrugada.

Por iso, Yosi foi condenado a 20 días de traballos para a comunidade, ademais da prohibición de achegarse á vítima.

O líder de Los Suaves arrastra problemas físicos desde que sufrise un accidente durante un concerto celebrado en 2016 en Santander. O suceso, provocado ao caerse por un buraco do escenario, produciulle diferentes traumatismos que lle fixeron entrar en coma.

Este accidente, ademais, fixo que Yosi puxese fin –polo momento– á súa carreira musical.

Condenan a Yosi, líder de Los Suaves, por violencia machista