En cifras

Agadic adxudica un total de 210.000 euros para festivais en Galicia

A contía das axudas, que trata de manter as de exercicios pasados, van desde os 3.811,98 euros outorgados ao Festigal de Santiago de Compostela ata os 41.936,57 do Resurrection Fest de Viveiro
Un concierto del festival vivariense, en una edición anterior
photo_camera Un concierto del festival vivariense, en una edición anterior

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publicou este luns a adxudicación dun total de 210.000 euros a 12 festivais profesionais de música.

A Xunta explicou nun comunicado que se trata dos beneficiarios da convocatoria de subvencións dirixida a eventos celebrados en Galicia do 1 de novembro de 2014 ao 31 de outubro de 2015 e organizado tanto por empresas privadas como por colectivos asociados ou administracións locais.

Estas axudas manteñen as do exercicio pasado e o seu obxectivo é "contribuír consolidación do mapa galego de festivais, considerados estratéxicos para o desenvolvemento das industrias culturais da nosa Comunidade".


Comentarios