Matt Damon e Ben Affleck incorporarán a cláusula de inclusión nas súas películas 

A iniciativa, da profesora de comunicación Stacey Smith, busca incluír un apartado contractual que esixa a igualdade de xénero e diversidade racial na industria audiovisual

Matt Damon y Ben Affleck. JIMMY MORRIS (EFE)
photo_camera Matt Damon e Ben Affleck. JIMMY MORRIS (EFE)

Durante a 90ª edición dos Óscar, a gañadora do premio a Mellor actriz, Frances Mcdorman, ofreceu un enérxico discurso no que puxo sobre a mesa o termo Inclusion Rider. Unha cláusula de inclusión que, agora, Matt Damon e Ben Affleck incorporarán nas súas próximas producións para unirse á loita pola diversidade en Hollywood. 

A cláusula á que se referiu Mcdorman é unha iniciativa da profesora de comunicación Stacey Smith. Trátase dun apartado contractual que esixe igualdade de xénero e diversidade racial na industria audiovisual e está dispoñible para todos os que negocian incorporarse a unha película. 

E despois de que Michael B. Jordan, o vilán de Black Panther e protagonista de Creed, decidise incorporar a Cláusula de Inclusión en todos os proxectos que produza a súa empresa, Outlier Society Productions, os produtores de cintas como Manchester by the Sea ou Jason Bourne anunciaron que farán o propio coa súa produtora Pearl Street. Así o anunciou, a través de Twitter, a actriz e produtora Fanshen Cox, que tamén é socia de Damon e Affleck no estudo que crearon en 2012. 

Stacey Smith: A Cláusula de Inclusión é unha ferramenta importante para que Hollywood e outras industrias creen lugares de traballo que realmente reflictan o noso mundo diverso

"Michael B. Jordan, grazas por apoiar sempre unha maior representación na industria. En nome de Pearl Street Films, Matt Damon, Ben Affleck, Jennifer Todd, Drew Vinton e eu mesma, incluiremos as Cláusulas de Inclusión en todos os nosos proxectos de agora en diante", comentou Cox. 

Ademais, a propia creadora de está iniciativa, Smith confesou que lle parecía "xenial ver a Matt Damon, Ben Affleck e o equipo de Pearl Street Films usar a súa influencia para crear oportunidades". "A Cláusula de Inclusión é unha ferramenta importante para que Hollywood e outras industrias cren lugares de traballo que realmente reflictan o noso mundo diverso", concluíu. 

Comentarios