Denuncian o risco de aumento de ludopatía nunha sociedade desnutrida de afecto

"Hai consenso nos expertos en indicar que un de cada dez mozos que aposta con regularidade acaba enganchado", indica O doutor en Psicoloxía Social Antonio Rial

Maquinas tragaperras
photo_camera Maquinas comecartos

O doutor en Psicoloxía Social Antonio Rial, un dos maiores expertos en España no estudo das adiccións ás novas tecnoloxías, alertou este venres do "risco co que está a crecer a ludopatía nunha sociedade desnutrida de afecto". 

Rial interveu, xunto á tamén psicóloga Belén Montesa en Cangas, en clausúraa dun ciclo de xornadas sobre condutas adictivas celebradas nos centros IES Rodeira e IES María Soliño.

Na súa intervención, o psicólogo advertiu do escaso "control e regulación" por parte das institucións públicas para atallar a imparable expansión da industria do xogo.

"Hai consenso nos expertos en indicar que un de cada dez mozos que aposta con regularidade acaba enganchado, acaba cun problema de saúde, unha ludopatía, unha adicciónâ€, explicou Rial, que estendeu a gravidade da problemática " economía familiar, o illamento social, o baixo rendemento académico, os conflitos familiares…".

"Os pais teñen que dedicarlle máis tempo aos fillos. Non hai apenas comunicación"

Tanto Rial como Montesa, expertos no estudo e tratamento das adiccións en adolescentes, recordaron ante uns 500 alumnos de secundaria algúns dos perigos da globalización do teléfono móbil.

"Temos máis amigos nas redes sociais que na realidade. E non recomendo o teléfono a menores de doce anos. Os mozos teñen que ter un pensamento crítico porque detrás as empresas hai intereses comerciais", comentou Belén Montesa.

Rial afirmou que o 97 por cento dos adolescentes está rexistrado nalgunha rede social, "redes sociais que cosifican ás persoas, especialmente ás mulleres", e recordou que se produciron incluso algunhas mortes por "o imperio do selfi".

"Sufrir unha adicción é sufrir unha escravitude. As adiccións interferen en moitos ámbitos da vida, a saúde, as relacións sociais, o estado de ánimo, o gasto económico… A familia é fundamental para a prevención", sinalou Belén Montesa.

Na mesma liña expresouse Antonio Rial: "Os pais teñen que dedicarlle máis tempo aos fillos. Non hai apenas comunicación. E a maioría dos pais saben que os seus fillos apostan, polo que son necesarios programas de prevención"

Comentarios