miércoles. 03.03.2021 |
El tiempo
miércoles. 03.03.2021
El tiempo

As enganosas vacacións de Nadal

Estudantes na biblioteca de Ciencias Sociais de Pontevedra. RAFA FARIÑA
Estudantes na biblioteca de Ciencias Sociais de Pontevedra. RAFA FARIÑA
Estudantes universitarios e opositores manteñen a súa actividade nas bibliotecas durante esta época

As vacacións de Nadal son un concepto enganoso para os alumnos xa que, aínda que se suspenden as clases, moitos teñen que seguir traballando desde casa para preparar traballos e os exames ou recuperacións que lles esperan en xaneiro.

As comidas familiares, as citas cos amigos, os reencontros ou a ampla oferta de lecer son motivos máis que suficientes para descoidar as súas obrigacións e que, coa continuación do curso cheguen os abafos.

RECOMENDACIÓNS | Os expertos aconsellan establecer un calendario de rutinas co que distribuír os tempos. A organización é a clave para poder compaxinar os tempos de estudo e de lecer. Así, as bibliotecas manteñen as súas portas abertas para que universitarios e opositores poidan continuar estudando sen distraccións. Segundo os expertos, o ideal é dedicar tres ou catro días a descansar para afrontar con enerxía o novo período lectivo.

Anotar as datas de entrega de traballos e exames nun calendario e colgalo nunha parede visible sería unha boa estratexia para tirar de motivación e evitar que se pasen os días sen avanzar nas obrigacións.

A biblioteca pode ser tamén un aliado para os estudantes que atopan en casa unha trasfega de familiares

Na planificación diaria débese dedicar tempo para estudar e para actividades de lecer. O recomendable é porse o mesmo horario cada día para adquirir a rutina e que ao cerebro sexalle máis fácil de cumprir. As dúas horas seguintes a levantarse son as máis produtivas para o cerebro dunha persoa polo que son un bo momento para dedicarse a estudar. Do mesmo xeito, aconséllase abordar primeiro os aspectos máis complicados e terminar a xornada de estudo co máis sinxelo ou atractivo. O rendemento será maior e obteranse mellores resultados.

A biblioteca pode ser tamén un aliado para os estudantes que atopan en casa unha trasfega de familiares. O bulicio do fogar é un inimigo para a concentración. O importante, explican, é alcanzar un termo medio: manter a rutina sen deixar de gozar.

Recompensar aos pequenos
Os estudantes máis pequenos reciben as súas notas antes das vacacións de Nadal. Os expertos da Asociación Mundial de Educadores Infantís (AMEIWAECE) indican que por encima do valor numérico o que deben valorar os pais é o esforzo realizado polo alumno e recordan que o importante é que os nenos aprendan dos seus erros e consigan superarse, que comprendan o valor do esforzo. Por tal motivo, os agasallos de Nadal e Reyes deberían ser unha recompensa proporcionada ao esforzo realizado. Ademais, din que non se pode facer culpable ao neno exclusivamente dun resultado negativo (ou positivo) xa que é tamén responsabilidade de pais e profesores.

As enganosas vacacións de Nadal
comentarios