España perde seis puntos que lle outorgou Bielorrusia en Eurovisión

O xurado profesional do expaís soviético foi descualificado por relevar os seus votos antes da emisión e substituíuno un programa informático que fallou "por un erro humano"

A Unión Europa de Radiodifusión (UER), organismo organizador do Festival de Eurovisión, modificou os resultados da final do certame celebrada o pasado 18 de maio en Tel Aviv (Israel) tras un "erro humano", o que provocou que a candidatura española perdera 6 puntos dos 60 que obtivo o pasado sábado. 

Nun comunicado publicado na web eurivision.tv, a UER explicou que o xurado profesional de Bielorrusia foi descualificado despois de que revelase os seus votos na primeira semifinal, "o que é contrario ás regras do Festival de Eurovisión". 

"Para cumprir coas normas de votación do concurso, a UER traballou xunto á empresa Digame para crear un resultado agregado substituto (calculado en base aos resultados doutros países con rexistros de votación similares), que foi aprobado polo monitor de votación Ernst & Young, para determinar os votos do xurado bielorruso para a gran final", aclarou o organismo europeo. 

Neste sentido, a UER asegurou que, "seguindo as prácticas de revisión estándar", descubriu que, "debido a un erro humano, utilizouse un resultado agregado incorrecto". Segundo indicou, este feito "non tivo ningún impacto no cálculo dos puntos" do televoto nos 41 países participantes nin no gañador (Países Baixos) nin nos catro primeiros países clasificados. 

Desta forma, o organismo corrixiu os resultados finais "de acordo coas regras". A UER e os seus socios Digame e Ernst & Young lamentan profundamente que este erro non fora identificado antes e revisarán os procesos e controis implementados para evitar que isto volva suceder", asegurou. 

Co resultado corrixido, España mantense no posto 22 da clasificación definitiva de Eurovisión 2019, pero con 54 puntos, ao perder 6 dos 7 puntos que lle outorgou o xurado profesional.

Comentarios