Estrela Galicia homenaxea ao Xacobeo cunha cervexa de edición limitada

Este lanzamento súmase a unha serie de accións levadas a cabo pola entidade para conmemorar o Ano Santo 2021- 2022
eg2
photo_camera Imaxe da etiqueta da nova creación da cervexeira. CEDIDA

A cervexeira Estrela Galicia quere homenaxear ao Xacobeo 2021-2022 cunha edición especial e limitada da súa cervexa Estrela do Camiño, elaborada a partir de ingredientes naturais procedentes das diferentes rutas que forman parte do Camiño de Santiago, como son o de Levante, o Portugués, o Francés e o Inglés.

Con este obxectivo, porán no mercado 200.000 litros desta receita que estará á venda ata fin de existencias en hostalería e alimentación a nivel nacional e internacional, así como na súa canle de internet, informan fontes da compañía.

Trátase dunha cervexa "saborosa e refrescante" creada polos mestres cervexeiros de Hijos de Rivera para celebrar o Ano Santo compostelán, e por iso ten alma peregrina na súa receita con laranxas doces da variedade Valencia Latexa, sementes de cilantro de Portugal, cebada de Castela e o trigo e o espírito de Galicia.

EG_CAMIñO_BOTELLA33cl

é cor ámbar con reflexos alaranxados e ten unha cremosa e xenerosa espuma branca de alta persistencia, cunha elegante turbidez no vaso e aromas perfumados, cítricos e especiados achegados pola pel de laranxa doce, o lúpulo Mandarina Bavaria e as sementes de cilantro con recordos a panadería que proveñen das maltas e o fermento ale.

O lanzamento da edición limitada Estrela do Camiño únese a unha serie de accións deseñadas pola cervexeira galega para celebrar o Ano Santo Compostelán 2021-2022, como a exposición artística máis extensa do mundo, do mesmo nome, obra do artista galego Mon Devane e coa que Estrela Galicia rende homenaxe ás persoas que manteñen vivo o espírito do Camiño de Santiago.

Comentarios