Domingo. 24.06.2018 |
El tiempo
Domingo. 24.06.2018
El tiempo

'Fariña' volve arrasar na noite do mércores cun 21,3 % de audiencia

Tamar Novas, en 'Fariña'.A3
Tamar Novas, en 'Fariña'.A3

Os narcos galegos seducen unha semana más aos telespectadores españoles

A serie de Antena 3 Fariña, inspirada no libro homónimo de Nacho Carretero, rexistra un espectacular 21,3 % de audiencia coa emisión 1984, segunda entrega desta produción.

A narración sobre o narcotráfico en Galicia seduciu á audiencia española e volve ser o programa máis visto do mércores, por encima do concurso Got Talent, de Telecinco, que marcou un 17 % na súa segunda semifinal.

Fariña rexistrou a pasada semana na súa anticipada estrea —motivado polo anuncio do secuestro do libro— un 21,5 % de audiencia.

'Fariña' volve arrasar na noite do mércores cun 21,3 % de audiencia