Jueves. 24.05.2018 |
El tiempo
Jueves. 24.05.2018
El tiempo

Morre o exministro Robles Piquer, cuñado de Fraga

El exministro Robles Piquer junto a su mujer Elisa, durante la celebración de sus bodas de oro en 2002 en Vilalba. EP
El exministro Robles Piquer junto a su mujer Elisa, durante la celebración de sus bodas de oro en 2002 en Vilalba. EP

Asumiu a carteira de Educación no primeiro goberno da Transición

O político e diplomático Carlos Robles Piquer, ministro de Educación e Ciencia no primeiro Goberno da Transición e director xeral de RTVE, entre outros cargos, faleceu este xoves á noite no seu domicilio de Madrid aos 92 anos, segundo informaron fontes familiares. Robles Piquer estaba casado coa vilalbesa Elisa Fraga Iribarne, irmá do expresidente da Xunta Manuel Fraga, coa que tivo sete fillos.

Robles Piquer, licenciado en Filosofía e Letras e en Ciencias Políticas e Económicas pola Universidade Central de Madrid, foi nomeado ministro de Educación en 1975 cargo que ocupou ata xullo de 1976, ao constituírse o primeiro Goberno de Adolfo Suárez.

Casado con Elisa Fraga Iribarne, o matrimonio tivo sete fillos: Carlos, José María, Eduardo, Ana, Elisa, Teresa e Paloma.

En 1979 foi pasou a ocupar o cargo de secretario de Estado de Asuntos Exteriores e en 1981 foi designado director xeral do ente público RTVE.

En outubro de 1982 ingresou en Alianza Popular, onde foi coordinador xeneral do partido, responsable de organización, e membro do seu Comité Executivo e da súa Comisión Permanente e eurodeputado popular desde 1986 a 1997.

Membro da Comisión de Enerxía no Parlamento de Estrasburgo, foi asesor de Loyola de Palacio cando esta era comisaria desta materia (1999-2004). En 1989 foi nomeado preside da Fundación Cánovas del Castillo, fundada en 1980 e ligada ao Partido Popular.

DIPLOMÁTICO. Robles Piquer tamén estivo vinculado á carreira diplomática, na que ingresou en 1953 e onde ocupou, entre outros, os seguintes postos: xefe dos Departamentos do Instituto de Cultura Hispánica, secretario da Embaixada de España en Bogotá, cónsul de España en Nador (Marrocos) e secretario da Embaixada de España en Londres.

Está en posesión, entre outras, da Gran Cruz de Carlos III, das Grandes Cruces do Mérito Civil e Merito Naval e a Gran Cruz da Orde de Alfonso X o Sabio e do infante don Enrique O Navegante de Portugal. 
 

Morre o exministro Robles Piquer, cuñado de Fraga